16 Encontro Galego de Ilustración
A 16.ª edición do Encontro Galego de Ilustración chegará o 27 e 28 de setembro, con Inês Silva, Jon Juárez, Javirroyo, Marta Madureira e Cátia Vidinhas como convidados.
A 16.ª edición do Encontro Galego de Ilustración chegará o 27 e 28 de setembro, con Inês Silva, Jon Juárez, Javirroyo, Marta Madureira e Cátia Vidinhas como convidados.
Hoxe presentouse publicamente o programa de actividades do Día da Ilustración 2019. Desde a súa instauración en 2014, o Día da Ilustración celébrase en Galicia cada ano o 30 de xaneiro, coincidindo co día do nacemento de Castelao. Ademais de lembrar e reivindicar o papel dos profesionais da ilustración na industria cultural, cada ano é homenaxeado…
Desde o 4 de decembro e ata o 10 de marzo, na Sede Afundación de Santiago de Compostela desenvólvese a segunda edición da MiiC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea). A MiiC é unha exposición colectiva, comisariada por Matilde Rodríguez, que reúne proxectos ilustrados que buscan «compoñer unha fotografía do panorama actual na ilustración a nivel mundial». As máis…
A terceira edición do Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, que decorrerá en Santiago entre os próximos 8 e 11 de novembro, inclúe no seu programa sesións de debuxo de rúa en directo, conferencias (dentro das Xornadas de Ilustración Urbana), obradoiros, presentacións e exposicións. O 10 de novembro, o noso socio Calros Silvar imparte a…
Este ano, o Encontro Galego de Ilustración, que organiza anualmente a AGPI, alcanza a súa edición número 15, e ofrece máis contidos e actividades de interese tanto para profesionais como para o público xeral. O groso das actividades decorrerá na Unitaria (o venres 28) e no Auditorio de Galicia (o sábado 29). Convidados de relevancia…
O pasado sábado, 19 de maio, tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela a terceira edición dos Premios Gala do Libro Galego, organizados conxuntamente pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras (AGE) e mais a Federación de Librarías de Galicia (FLG). Entre as obras gañadoras…